¿ QUENES SOMOS?



"Os mequiños" é o blog da E.E.I. Monte da Vila, unha pequena escola unitaria situada no Concello de O Grove, na que se escolarizan 9 alumnos/as do 2º ciclo de Educación Infantil.










17/2/14

MENTA VISITA A ESCOLA

Fai uns días recibimos na escola a visita dunha "amiga" moi peculiar! Chámase Menta, ten once anos e é unha cabra!! si si, da familia da "cabra enana", o cal quere dicir que non crece moito, polo que é moi doado acariñala e paseala como fai Toño, o seu dono.
Queredes coñecela??? pois aquí estamos nós con ela, bueno, os máis atrevidos...!!





FACENDO PASTAS DE MANTEIGA UMMM

O venres foi San Valentín e, aínda que nós cremos que o AMOR hai que demostralo tódolos días, aproveitamos esta data para elaborar deliciosas pastas de manteiga e regalarllas ás nosas familias, porque as queremos MOITO!!!
A continuación ensinámosvos os pasos levados a cabo para que, si queredes, vos poñades "mans á obra", nós pasámolo pipa!!!
BO PROVEITO!

Preparamos os ingredientes

Lavamos as mans

Cascamos 4 ovos


Batemos os ovos

Engadimos manteiga

Azúcre

e Fariña.

Volvemos bater engadindo unha culler de leite e unha de lévedo

Amasamos


Facemos a forma das galletas cos moldes cortapastas

Pintamos con xema de ovo

ó forno 15 minutos a 180 grados e...A COMER!!!


































































































10/2/14

4/2/14

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Dende 1964 celébrase "o día escolar da non violencia e a paz" para conmemorar a morte de Ghandi. Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, solidariedade, respeto ós dereitos humanos, a non violencia e a paz pero, que é para os nos@s pequen@s este día??:

Roi:"Para min a PAZ é PERDOAR
Aarón: "Para mi es TOCAR el pelo de mamá"
Pedro:" Para mi es CUIDAR a todas las hermanitas como Vega"
Kayla: " A min gústame dar ABRAZOS"
Carmen: " Para mi es COMPARTIR los juguetes"
Martina" Yo le doy muchos besitos a mami y también me gusta SER FELIZ"
Óliver: " Darle BESITOS a papi"
Nora: "Darle CARIÑO a mamá"
Yamel: " VER atrapa un millón"

Na escola celebramos este día con contos, música e cun mural cos nosos desexos para contribuir a mellorar o mundo!! Ademáis visitamos, a nosa xa tan familiar, biblioteca municipal.

E PARA MOSTRA...UN BOTÓN!