¿ QUENES SOMOS?



"Os mequiños" é o blog da E.E.I. Monte da Vila, unha pequena escola unitaria situada no Concello de O Grove, na que se escolarizan 9 alumnos/as do 2º ciclo de Educación Infantil.










31/10/11

Canción do Samaín

Ao longo desta semana aprendemos moitas cousas do SAMAIN entre elas a seguinte canción:






Xa chegou o outono,
chega o SAMAÍN
xa chegou o outono,
o medo ven por min.



Esqueletos vivos
que petan na porta;
cabazas ardentes
de mirada torta.



Ai! miña naiciña
teño moito medo,
das pantasmas brancas
e os morcegos
negros.



Tranquilo meu fillo
que para espantalos,
colgaremos da porta
unha rastra de aios.




Xa chegou o outono
chega o SAMAÍN,
xa chegou o outono
e esto ó seu FIN.


Chega o Samaín

A ver se adiviñades quen somos cada un!

Un novo inquilino na aula

Un caracooooooool!!! berramos todos cando durante o recreo atopamos no patio este animaliño que agora vos amosamos! Para poder telo na aula connosco e porder observalo, acondicionamos un lugar con terra, herba e follas como se fose un "pequeno campo" no que poderá vivir mentras non o devolvamos ao seu habitat natural.
Entre todos decidimos poñerlle o nome de GARY!!!

Felicidades Martín!

" Ya soy mayor...ya tengo cuatro años" dixo Martín todo cheo de razón mentras sopraba a vela do seu cuarto aniversario.

14/10/11

PROXECTO OS CASTELOS

Os alumnos e alumnas desta escola estamos a realizar un proxecto sobre OS CASTELOS co fin de aprender moitas cousas sobre eles, tales como:

¿para que se construiron?
¿cales son as partes que o forman?
¿quen vivía neles?
¿onde se constuían e porque?
¿como era a vida no castelo?
¿en que se parecen ás nosas vivendas?...

Todo isto e moito máis irémolo aprendendo ao longo deste mes, pero queremos que os nosos papás e mamás nos axuden a buscar información tanto en páxinas webs (xogos interactivos, vídeos,...) como deixándonos levar á escola contos sobre os castelos, películas, xoguetes, fotos... para axudarnos na nosa labor de investigación.

Todos aqueles pais e nais que desexen colaborar con nós poden enviarnos a información ao noso correo electrónico: osmequinos@hotmail.es

12/10/11

Mirade que guapos somos!!!

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que nos coñezades un pouco mellor, esperamos que vos gusten.

5/10/11

ARANCA O CURSO 2011 - 2012

Outro ano máis os alumnos e alumnas da E.E.I. Monte da Vila voltamos á escola, xa somos máis maiores!!! e temos que acoller e coñecer aos novos compañeiros que comezan a súa andaina nesta nosa escola tan peculiar. Eles chámanse Carlota, que aínda ten 2 aniños, e Derek que xa ten 4. Pero se nos queredes coñecer mellor estade atentos ao noso blog!
COMEZAMOSSSSSSSS...