¿ QUENES SOMOS?



"Os mequiños" é o blog da E.E.I. Monte da Vila, unha pequena escola unitaria situada no Concello de O Grove, na que se escolarizan 9 alumnos/as do 2º ciclo de Educación Infantil.










23/12/11

22/12/11

Festa de Nadal



Visita do Paxe Real

O Paxe Real veu á nosa escola en busca das cartas que lle escribimos aos Reis Magos. Cada un de nós entregámoslla e contámoslle que tal nos portamos na casa e na escola, pero como ben sabedes, nós "case sempre" nos portamos ben, asique as nosa maxestades seguro que se portan moi ben e nos traen algún que outro agasallo.




Un cabalo no cole!!!



"Hay un caballo en el coleeee!!!" berrou Álvaro cado saímos ao patio. Todos fomos correndo a velo, pero a nosa sorpresa foi cando descubrimos que estaba so e perdido porque se escapara de donde estaba. Os membros de Protección Civil chegaron minutos despois para volvelo ao seu lugar.

Maxia Potaxia.






Que sorte!!! veu un MAGO ao noso cole a facernos un espectáculo de maxia. Fixonos moitos trucos cos que quedamos abraiados e nos rimos moito. Realmente pasámolo moi ben!!! porque ademais tivemos a vista de Iván, un compañeiro do curso pasado que agora está xa noutro cole e tivo a sorte de poder facer...maxia potaxiaaaa...con nós.










21/12/11

Taller de xoguetes.


Unha pantasmaaaa.......... iso é o que fixemos no taller de xoguetes que tivemos na escola.
Soamente cunha bolsa de plástico de facer a compra, dúas follas de periódicos vellos e papel pinocho fixemos un xoguete, pero o máis importante que aprendemos é que:

tódolos xoguetes que merquemos deben levar a marca CE a cal garantiza que non é un xoguete perigoso para nós, polo que aqueles xoguetes que non teñan esa marca non son legais e non poden comercializarse posto que poden resultar MOI perigosos se xogamos con eles.



Os Castelos



Mmmm... que ricos!!!

A profe Mónica, deunos unha sorpresa,siiii ¿sabedes porqué? porque trouxo un calendario de Nadal, pero non era un calendario normal, xa que dentro de cada número do mes de decembro había agochado unha chocolatina, cada unha cunha forma diferente, (un Papá Noel, un reno,un boneco de neve, unha estrela como a que se ve na foto...) e todos estábamos coma tolos por comelos ... mmmm que ricos estaban!!!