¿ QUENES SOMOS?



"Os mequiños" é o blog da E.E.I. Monte da Vila, unha pequena escola unitaria situada no Concello de O Grove, na que se escolarizan 9 alumnos/as do 2º ciclo de Educación Infantil.










20/3/14

DÍA DO PAI 2014

FELIZ DÍA PAPIS!!

14/3/14

DÍA DO CONSUMIDOR

Mañá sábado celébrase o "Día Mundial dos dereitos do Consumidor" e nós quixemos, coincidindo con esta data, facer na clase zume de laranxa e tomalo coa merenda, pois está riquísimo e ten infinitas vitaminas!! ummmmmmmmmm

SEMANA DA PRENSA

Conmemoramos a semana da prensa traballando un día na aula con xornais: falamos do que eran, da súa importancia e, como non, fixemos o noso propio titular a partir de fotografías que nos gustaron

2/3/14

17/2/14

MENTA VISITA A ESCOLA

Fai uns días recibimos na escola a visita dunha "amiga" moi peculiar! Chámase Menta, ten once anos e é unha cabra!! si si, da familia da "cabra enana", o cal quere dicir que non crece moito, polo que é moi doado acariñala e paseala como fai Toño, o seu dono.
Queredes coñecela??? pois aquí estamos nós con ela, bueno, os máis atrevidos...!!





FACENDO PASTAS DE MANTEIGA UMMM

O venres foi San Valentín e, aínda que nós cremos que o AMOR hai que demostralo tódolos días, aproveitamos esta data para elaborar deliciosas pastas de manteiga e regalarllas ás nosas familias, porque as queremos MOITO!!!
A continuación ensinámosvos os pasos levados a cabo para que, si queredes, vos poñades "mans á obra", nós pasámolo pipa!!!
BO PROVEITO!

Preparamos os ingredientes

Lavamos as mans

Cascamos 4 ovos


Batemos os ovos

Engadimos manteiga

Azúcre

e Fariña.

Volvemos bater engadindo unha culler de leite e unha de lévedo

Amasamos


Facemos a forma das galletas cos moldes cortapastas

Pintamos con xema de ovo

ó forno 15 minutos a 180 grados e...A COMER!!!


































































































10/2/14

4/2/14

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Dende 1964 celébrase "o día escolar da non violencia e a paz" para conmemorar a morte de Ghandi. Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, solidariedade, respeto ós dereitos humanos, a non violencia e a paz pero, que é para os nos@s pequen@s este día??:

Roi:"Para min a PAZ é PERDOAR
Aarón: "Para mi es TOCAR el pelo de mamá"
Pedro:" Para mi es CUIDAR a todas las hermanitas como Vega"
Kayla: " A min gústame dar ABRAZOS"
Carmen: " Para mi es COMPARTIR los juguetes"
Martina" Yo le doy muchos besitos a mami y también me gusta SER FELIZ"
Óliver: " Darle BESITOS a papi"
Nora: "Darle CARIÑO a mamá"
Yamel: " VER atrapa un millón"

Na escola celebramos este día con contos, música e cun mural cos nosos desexos para contribuir a mellorar o mundo!! Ademáis visitamos, a nosa xa tan familiar, biblioteca municipal.

E PARA MOSTRA...UN BOTÓN!







15/1/14

Unha visita moi especial...

Hoxe pola mañá tivemos na escola unha visita moooi especial. Derek, o noso compañeiro de fatigas, traballo e ilusións, volveu á que sempre será súa escola, darnos unha sorpresa e contarnos que tal lle vai no cole dos grandes onde, por certo, aprobou todo! Enhoraboa!
Démoslle un bico, tamén de parte de Kayla e Pedro que están maliños, esperando que volte pronto a vernos!!
Gracias Derek !

9/1/14

Volta ó cole e...sorpresa!

O Nadal xa rematou e nós, xa estamos de volta! ademáis comezamos o trimestre cunha sorpresa mooooi especial... Sabedes que os Reis Magos pasaron polo cole antes de volver a Oriente? pois si! e sabedes para que?? pois para deixarnos uns agasallos estupendos para compartir e xogar todos/as xuntos/as!e nós agradecémosllo cuns debuxos sobre o ben que o pasamos nas vacacións. Gracias Queridos Reis Magos!

19/12/13

Nadal na EEI Monte da Vila

No mes de Decembro chega o Nadal e nós, preparámonos para recibilo cos brazos abertos!! coñecemos ó Apalpador, decoramos a árbore, fixemos un mural, postais, a carta ós reis...e visitounos Papá Noel!! Aquí vos deixamos unhas fotiños para compartir con vos o ben que o pasamos! e ademáis mañá... imos de festival! Ata pronto!!

20/11/13

Grupo Encanto - Yo Tengo Derecho A Jugar

OS DEREITOS DA INFANCIA

Hoxe celebramos un día moi importante, o día mundial dos dereitos dos nenos/as e, como tal, falamos mooooito sobre o que para os nosos peques é un dereito e, sobre todo, cal constitúe para cada un, o dereito máis especial.
 Esto opinaron...
Roi, Aarón e Nora: "Dereito a comer"
Pedro: "Dereito a xogar con Vega"
Kayla e Yamel: "Dereito a pintar"
Carmen: "Dereito a aprender"
Martina: "Dereito a ir ó medico"
Óliver: "Dereito a xogar"





NO OUTONO...COGUMELOS, FOLLAS, CASTAÑAS E...O MAGOSTO!!!

7/11/13

OBRADOIRO DE LECTURA

Esta semana a mamá de Roi ofreceuse a vir á escola ler un conto mooooi especial "Un can no piso" de Fina Casalderrey. Estivemos todos moi atentos, ademáis escachamos á risa coas historias do protagonista! Moitas gracias Meli e, ata a próxima!!

4/11/13