¿ QUENES SOMOS?



"Os mequiños" é o blog da E.E.I. Monte da Vila, unha pequena escola unitaria situada no Concello de O Grove, na que se escolarizan 9 alumnos/as do 2º ciclo de Educación Infantil.










19/12/13

Nadal na EEI Monte da Vila

No mes de Decembro chega o Nadal e nós, preparámonos para recibilo cos brazos abertos!! coñecemos ó Apalpador, decoramos a árbore, fixemos un mural, postais, a carta ós reis...e visitounos Papá Noel!! Aquí vos deixamos unhas fotiños para compartir con vos o ben que o pasamos! e ademáis mañá... imos de festival! Ata pronto!!

20/11/13

Grupo Encanto - Yo Tengo Derecho A Jugar

OS DEREITOS DA INFANCIA

Hoxe celebramos un día moi importante, o día mundial dos dereitos dos nenos/as e, como tal, falamos mooooito sobre o que para os nosos peques é un dereito e, sobre todo, cal constitúe para cada un, o dereito máis especial.
 Esto opinaron...
Roi, Aarón e Nora: "Dereito a comer"
Pedro: "Dereito a xogar con Vega"
Kayla e Yamel: "Dereito a pintar"
Carmen: "Dereito a aprender"
Martina: "Dereito a ir ó medico"
Óliver: "Dereito a xogar"





NO OUTONO...COGUMELOS, FOLLAS, CASTAÑAS E...O MAGOSTO!!!

7/11/13

OBRADOIRO DE LECTURA

Esta semana a mamá de Roi ofreceuse a vir á escola ler un conto mooooi especial "Un can no piso" de Fina Casalderrey. Estivemos todos moi atentos, ademáis escachamos á risa coas historias do protagonista! Moitas gracias Meli e, ata a próxima!!

4/11/13

31/10/13

SAMAÍN NO COLE!

Hoxe é unha noite máxica, a noite do SAMAÍN...polo que na EEI Monte da Vila, adicamos estos días a traballar os meeeedos. Limos contos como "Corre corre cabaciña", "A bruxa regañadentes", "Fizt, o coleccionista de medos" ou "A figueira de Pelostortos". Fixemos debuxos sobre os mesmos,cantamos e bailamos con "Mama Cabra", tallamos cabazas e decoramos a escola para ambientar esta festa tan...o dito, MÁXICA! Queredes ver algunha das cousas que fixemos? pois atentos ó video...

23/10/13

VISITA Á BIBLIOTECA

Mañá, día 24 de outubro, é o día mundial das bibliotecas escolares, así que nós quixemos festexar este día visitando a biblioteca municipal para escoitar o fermoso conto "A Qué sabe a Lúa?". Tamén fixemos un mural, pintamos ós seus personaxes e, ademáis, obsequiáronnos cun conto para cada un polo ben que nos portamos!! Pasámolo pipa!! Moitas GRACIAS Uxía, Marina e Olalla. Ata pronto!!!

ANIVERSARIO NORA!

17/10/13

SAMAÍN

Segundo os vellos costumes Celtas o ano pártese en dúas estacións: verán e inverno. O paso dunha estación a outra cae na noite que vai do 31 de outubro ó 1 de novembro: é a NOITE DO SAMAÍN, pero esta noite ademáis de separar o ano, abre as portas do máis alá, confundindo o mundo dos espíritus co noso mundo terreal. A chegada das ánimas nesa noite representaba un perigo do que os Celtas se defendían colocando sobre os muros as caveiras dos inimigos cunha candea. 
No Grove, como en moitos sitios de Galicia, era habitual ata hai uns anos coller nas vésperas do día de defuntos cabazas nas hortas e tallar nelas aterradoras caras, ás que se lle poñía dentro unha candea. Estas cabazas colocábanse nos balados ou nas encrucilladas dos camiños para asustar á xente.
NA EEI MONTE DA VILA RECUPERAMOS A TRADICIÓN DO SAMAÍN, ASI QUE...XA VOS IREMOS INFORMANDO!!! ESTADE ATENTOS! JAJAJA