¿ QUENES SOMOS?



"Os mequiños" é o blog da E.E.I. Monte da Vila, unha pequena escola unitaria situada no Concello de O Grove, na que se escolarizan 9 alumnos/as do 2º ciclo de Educación Infantil.










17/10/13

SAMAÍN

Segundo os vellos costumes Celtas o ano pártese en dúas estacións: verán e inverno. O paso dunha estación a outra cae na noite que vai do 31 de outubro ó 1 de novembro: é a NOITE DO SAMAÍN, pero esta noite ademáis de separar o ano, abre as portas do máis alá, confundindo o mundo dos espíritus co noso mundo terreal. A chegada das ánimas nesa noite representaba un perigo do que os Celtas se defendían colocando sobre os muros as caveiras dos inimigos cunha candea. 
No Grove, como en moitos sitios de Galicia, era habitual ata hai uns anos coller nas vésperas do día de defuntos cabazas nas hortas e tallar nelas aterradoras caras, ás que se lle poñía dentro unha candea. Estas cabazas colocábanse nos balados ou nas encrucilladas dos camiños para asustar á xente.
NA EEI MONTE DA VILA RECUPERAMOS A TRADICIÓN DO SAMAÍN, ASI QUE...XA VOS IREMOS INFORMANDO!!! ESTADE ATENTOS! JAJAJA

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario