¿ QUENES SOMOS?



"Os mequiños" é o blog da E.E.I. Monte da Vila, unha pequena escola unitaria situada no Concello de O Grove, na que se escolarizan 9 alumnos/as do 2º ciclo de Educación Infantil.










25/4/14

21/4/14

20/3/14

DÍA DO PAI 2014

FELIZ DÍA PAPIS!!

14/3/14

DÍA DO CONSUMIDOR

Mañá sábado celébrase o "Día Mundial dos dereitos do Consumidor" e nós quixemos, coincidindo con esta data, facer na clase zume de laranxa e tomalo coa merenda, pois está riquísimo e ten infinitas vitaminas!! ummmmmmmmmm

SEMANA DA PRENSA

Conmemoramos a semana da prensa traballando un día na aula con xornais: falamos do que eran, da súa importancia e, como non, fixemos o noso propio titular a partir de fotografías que nos gustaron

2/3/14

17/2/14

MENTA VISITA A ESCOLA

Fai uns días recibimos na escola a visita dunha "amiga" moi peculiar! Chámase Menta, ten once anos e é unha cabra!! si si, da familia da "cabra enana", o cal quere dicir que non crece moito, polo que é moi doado acariñala e paseala como fai Toño, o seu dono.
Queredes coñecela??? pois aquí estamos nós con ela, bueno, os máis atrevidos...!!





FACENDO PASTAS DE MANTEIGA UMMM

O venres foi San Valentín e, aínda que nós cremos que o AMOR hai que demostralo tódolos días, aproveitamos esta data para elaborar deliciosas pastas de manteiga e regalarllas ás nosas familias, porque as queremos MOITO!!!
A continuación ensinámosvos os pasos levados a cabo para que, si queredes, vos poñades "mans á obra", nós pasámolo pipa!!!
BO PROVEITO!

Preparamos os ingredientes

Lavamos as mans

Cascamos 4 ovos


Batemos os ovos

Engadimos manteiga

Azúcre

e Fariña.

Volvemos bater engadindo unha culler de leite e unha de lévedo

Amasamos


Facemos a forma das galletas cos moldes cortapastas

Pintamos con xema de ovo

ó forno 15 minutos a 180 grados e...A COMER!!!


































































































10/2/14