¿ QUENES SOMOS?



"Os mequiños" é o blog da E.E.I. Monte da Vila, unha pequena escola unitaria situada no Concello de O Grove, na que se escolarizan 9 alumnos/as do 2º ciclo de Educación Infantil.










21/12/11

Taller de xoguetes.


Unha pantasmaaaa.......... iso é o que fixemos no taller de xoguetes que tivemos na escola.
Soamente cunha bolsa de plástico de facer a compra, dúas follas de periódicos vellos e papel pinocho fixemos un xoguete, pero o máis importante que aprendemos é que:

tódolos xoguetes que merquemos deben levar a marca CE a cal garantiza que non é un xoguete perigoso para nós, polo que aqueles xoguetes que non teñan esa marca non son legais e non poden comercializarse posto que poden resultar MOI perigosos se xogamos con eles.



No hay comentarios:

Publicar un comentario