Queredes coñecela??? pois aquí estamos nós con ela, bueno, os máis atrevidos...!!
Páginas
¿ QUENES SOMOS?
"Os mequiños" é o blog da E.E.I. Monte da Vila, unha pequena escola unitaria situada no Concello de O Grove, na que se escolarizan 9 alumnos/as do 2º ciclo de Educación Infantil.
"Os mequiños" é o blog da E.E.I. Monte da Vila, unha pequena escola unitaria situada no Concello de O Grove, na que se escolarizan 9 alumnos/as do 2º ciclo de Educación Infantil.
17/2/14
MENTA VISITA A ESCOLA
Fai uns días recibimos na escola a visita dunha "amiga" moi peculiar! Chámase Menta, ten once anos e é unha cabra!! si si, da familia da "cabra enana", o cal quere dicir que non crece moito, polo que é moi doado acariñala e paseala como fai Toño, o seu dono.
Queredes coñecela??? pois aquí estamos nós con ela, bueno, os máis atrevidos...!!
Queredes coñecela??? pois aquí estamos nós con ela, bueno, os máis atrevidos...!!
Etiquetas:
Na clase
FACENDO PASTAS DE MANTEIGA UMMM
O venres foi San Valentín e, aínda que nós cremos que o AMOR hai que demostralo tódolos días, aproveitamos esta data para elaborar deliciosas pastas de manteiga e regalarllas ás nosas familias, porque as queremos MOITO!!!
A continuación ensinámosvos os pasos levados a cabo para que, si queredes, vos poñades "mans á obra", nós pasámolo pipa!!!
BO PROVEITO!
A continuación ensinámosvos os pasos levados a cabo para que, si queredes, vos poñades "mans á obra", nós pasámolo pipa!!!
BO PROVEITO!
| Preparamos os ingredientes |
| Lavamos as mans |
| Cascamos 4 ovos |
| Batemos os ovos |
| Engadimos manteiga |
| Azúcre |
| e Fariña. |
| Volvemos bater engadindo unha culler de leite e unha de lévedo |
| Amasamos |
| Facemos a forma das galletas cos moldes cortapastas |
| Pintamos con xema de ovo |
| ó forno 15 minutos a 180 grados e...A COMER!!! |
Etiquetas:
Na clase
10/2/14
4/2/14
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Dende 1964 celébrase "o día escolar da non violencia e a paz" para conmemorar a morte de Ghandi.
Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, solidariedade, respeto ós dereitos humanos, a non violencia e a paz pero, que é para os nos@s pequen@s este día??:
Roi:"Para min a PAZ é PERDOAR
Aarón: "Para mi es TOCAR el pelo de mamá"
Pedro:" Para mi es CUIDAR a todas las hermanitas como Vega"
Kayla: " A min gústame dar ABRAZOS"
Carmen: " Para mi es COMPARTIR los juguetes"
Martina" Yo le doy muchos besitos a mami y también me gusta SER FELIZ"
Óliver: " Darle BESITOS a papi"
Nora: "Darle CARIÑO a mamá"
Yamel: " VER atrapa un millón"
Na escola celebramos este día con contos, música e cun mural cos nosos desexos para contribuir a mellorar o mundo!! Ademáis visitamos, a nosa xa tan familiar, biblioteca municipal.
E PARA MOSTRA...UN BOTÓN!

CELEBRACIÓNS
15/1/14
Unha visita moi especial...
Hoxe pola mañá tivemos na escola unha visita moooi especial. Derek, o noso compañeiro de fatigas, traballo e ilusións, volveu á que sempre será súa escola, darnos unha sorpresa e contarnos que tal lle vai no cole dos grandes onde, por certo, aprobou todo! Enhoraboa!
Démoslle un bico, tamén de parte de Kayla e Pedro que están maliños, esperando que volte pronto a vernos!!
Démoslle un bico, tamén de parte de Kayla e Pedro que están maliños, esperando que volte pronto a vernos!!
![]() |
| Gracias Derek ! |
10/1/14
9/1/14
Volta ó cole e...sorpresa!
O Nadal xa rematou e nós, xa estamos de volta! ademáis comezamos o trimestre cunha sorpresa mooooi especial...
Sabedes que os Reis Magos pasaron polo cole antes de volver a Oriente? pois si!
e sabedes para que?? pois para deixarnos uns agasallos estupendos para compartir e xogar todos/as xuntos/as!e nós agradecémosllo cuns debuxos sobre o ben que o pasamos nas vacacións.
Gracias Queridos Reis Magos!

19/12/13
Nadal na EEI Monte da Vila
No mes de Decembro chega o Nadal e nós, preparámonos para recibilo cos brazos abertos!! coñecemos ó Apalpador, decoramos a árbore, fixemos un mural, postais, a carta ós reis...e visitounos Papá Noel!! Aquí vos deixamos unhas fotiños para compartir con vos o ben que o pasamos! e ademáis mañá... imos de festival! Ata pronto!!
Etiquetas:
FESTAS
20/11/13
OS DEREITOS DA INFANCIA
Hoxe celebramos un día moi importante, o día mundial dos dereitos dos nenos/as e, como tal, falamos mooooito sobre o que para os nosos peques é un dereito e, sobre todo, cal constitúe para cada un, o dereito máis especial.
Esto opinaron...
Roi, Aarón e Nora: "Dereito a comer"
Pedro: "Dereito a xogar con Vega"
Kayla e Yamel: "Dereito a pintar"
Carmen: "Dereito a aprender"
Martina: "Dereito a ir ó medico"
Óliver: "Dereito a xogar"
Esto opinaron...
Roi, Aarón e Nora: "Dereito a comer"
Pedro: "Dereito a xogar con Vega"
Kayla e Yamel: "Dereito a pintar"
Carmen: "Dereito a aprender"
Martina: "Dereito a ir ó medico"
Óliver: "Dereito a xogar"
Etiquetas:
CELEBRACIÓNS
7/11/13
OBRADOIRO DE LECTURA
Esta semana a mamá de Roi ofreceuse a vir á escola ler un conto mooooi especial "Un can no piso" de Fina Casalderrey. Estivemos todos moi atentos, ademáis escachamos á risa coas historias do protagonista! Moitas gracias Meli e, ata a próxima!!
Etiquetas:
Na clase
4/11/13
31/10/13
SAMAÍN NO COLE!
Hoxe é unha noite máxica, a noite do SAMAÍN...polo que na EEI Monte da Vila, adicamos estos días a traballar os meeeedos. Limos contos como "Corre corre cabaciña", "A bruxa regañadentes", "Fizt, o coleccionista de medos" ou "A figueira de Pelostortos". Fixemos debuxos sobre os mesmos,cantamos e bailamos con "Mama Cabra", tallamos cabazas e decoramos a escola para ambientar esta festa tan...o dito, MÁXICA!
Queredes ver algunha das cousas que fixemos? pois atentos ó video...
Etiquetas:
CELEBRACIÓNS
23/10/13
VISITA Á BIBLIOTECA
Mañá, día 24 de outubro, é o día mundial das bibliotecas escolares, así que nós quixemos festexar este día visitando a biblioteca municipal para escoitar o fermoso conto "A Qué sabe a Lúa?". Tamén fixemos un mural, pintamos ós seus personaxes e, ademáis, obsequiáronnos cun conto para cada un polo ben que nos portamos!! Pasámolo pipa!!
Moitas GRACIAS Uxía, Marina e Olalla.
Ata pronto!!!
Etiquetas:
EXCURSIÓNS
17/10/13
SAMAÍN
Segundo os vellos costumes Celtas o ano pártese en dúas estacións: verán e inverno. O paso dunha estación a outra cae na noite que vai do 31 de outubro ó 1 de novembro: é a NOITE DO SAMAÍN, pero esta noite ademáis de separar o ano, abre as portas do máis alá, confundindo o mundo dos espíritus co noso mundo terreal. A chegada das ánimas nesa noite representaba un perigo do que os Celtas se defendían colocando sobre os muros as caveiras dos inimigos cunha candea.
No Grove, como en moitos sitios de Galicia, era habitual ata hai uns anos coller nas vésperas do día de defuntos cabazas nas hortas e tallar nelas aterradoras caras, ás que se lle poñía dentro unha candea. Estas cabazas colocábanse nos balados ou nas encrucilladas dos camiños para asustar á xente.
NA EEI MONTE DA VILA RECUPERAMOS A TRADICIÓN DO SAMAÍN, ASI QUE...XA VOS IREMOS INFORMANDO!!! ESTADE ATENTOS! JAJAJA

30/9/13
23/9/13
Suscribirse a:
Entradas (Atom)