¿ QUENES SOMOS?



"Os mequiños" é o blog da E.E.I. Monte da Vila, unha pequena escola unitaria situada no Concello de O Grove, na que se escolarizan 9 alumnos/as do 2º ciclo de Educación Infantil.










14/10/11

PROXECTO OS CASTELOS

Os alumnos e alumnas desta escola estamos a realizar un proxecto sobre OS CASTELOS co fin de aprender moitas cousas sobre eles, tales como:

¿para que se construiron?
¿cales son as partes que o forman?
¿quen vivía neles?
¿onde se constuían e porque?
¿como era a vida no castelo?
¿en que se parecen ás nosas vivendas?...

Todo isto e moito máis irémolo aprendendo ao longo deste mes, pero queremos que os nosos papás e mamás nos axuden a buscar información tanto en páxinas webs (xogos interactivos, vídeos,...) como deixándonos levar á escola contos sobre os castelos, películas, xoguetes, fotos... para axudarnos na nosa labor de investigación.

Todos aqueles pais e nais que desexen colaborar con nós poden enviarnos a información ao noso correo electrónico: osmequinos@hotmail.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario